O Curso de Cirurxía mínimamente invasiva (MIS) Hepato-Bilio-Páncreas (HBP) é unha formación presencial dirixida a cirurxiáns con especial interese neste tipo de abordaxes. Conta coa participación de cirurxiáns con ampla experiencia que son líderes nacionais e internacionais no abordaxe da HBP a través de CMI. Céntrase fundamentalmente en mesas de debate en formato VIDEO-FÓRUM, nas que se tratan aspectos técnicos e se resolven as dúbidas que poidan xurdir, co obxectivo de impulsar a implantación da cirurxía minimamente invasiva na patoloxía da HBP. Este curso está acreditado polo Sistema Nacional de Saúde (SNS), en edicións anteriores con 1,2 créditos de formación continua. Tamén se organiza un Simposio con inscrición gratuíta, aberto a todos os profesionais sanitarios interesados. Organizado pola Unidade de Cirurxía de HBP, Sarcomas e Oncoloxía Peritoneal, ten lugar no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.